O noso proxecto…
Xurdiu a raíz do voluntariado médico que realizou Romina en Arusha, Tanzania. O primeiro día que visitou o hospital decatouse da precariedade da maioría das familias, que non tiñan cómo pagar as menciñas e os tratamentos necesarios. Ao ver isto decidiu facer unha recolla de fondos entre os coñecidos e familiares de Galiza. En 24 horas moitas persoas colaboraron cos seus donativos e Romina comprou medicamentos e alimentos para repartir á xente máis necesitada.
A ONG nace coa que idea de mellorar a atención sanitaria das mulleres e nen@s de Arusha, que son a parte da poboación máis vulnerable. Os fondos recadados destinaranse á creación dun centro médico onde se facilite tanto a atención médica como o asesoramento e educación para a prevención e a mellora da saúde.